Wednesday 15 de May de 2024

Estrea do grupo municipal de teatro coa obra Quen enterra un enterrador?


Mañá venres, 30 de xuño, ás 20.30 horas terá lugar na Casa da Cultura a representación teatral Quen enterra un enterrador? A obra é o resultado do traballo realizado polo grupo de teatro municipal, o cal está dirixido por Pablo Meixe. Pensada para un público adulto o elenco da obra está composto por veciños e veciñas de Ordes, os cales contaron coa colaboración do Concello de Ordes e do Punto Limpo de Ordes. A entrada será de balde ata completar o aforo.